Francisco Bustelo Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Ribadeo, España |
Morte | 8 de marzo de 1987 (85/86 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro |
Familia | |
Cónxuxe | Carlota García del Real |
Fillos | Francisco Bustelo García del Real, Carlos Bustelo García del Real, Carlota Bustelo García del Real |
Pai | Ramón Bustelo González |
Francisco Bustelo Vázquez, nado en Ribadeo en 1901 e finado en Madrid o 8 de marzo de 1987,[1] foi un enxeñeiro de camiños galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Bustelo González. Enxeñeiro de Camiños, foi director de Energía e Industrias Aragonesas, que se encargaba da construción da planta petroquímica de Sabiñánigo no Pireneo oscense en 1936. No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid para axudar á súa irmá Mercedes. Foi denunciado polos falanxistas. A empresa axudou a Francisco e buscoulle refuxio na embaixada de Francia en Madrid e despois en Francia, desde onde pasou a Donostia cando xa remataba a guerra.[2] Logo do seu matrimonio con Carlota García del Real foi copropietario da Banca Bengoechea, que despois se denominou Banca Bustelo. En 1955 concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Madrid con Carlota García del Real González en 1930,[4] e foi pai de José Ramón, Francisco, Carlos e Carlota Bustelo García del Real.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC, 9-3-1987, p. 83.
- ↑ Fuimos nosotras: Las primeras parlamentarias de la democracia
- ↑ El Correo Gallego, 21-7-1955, p. 1.
- ↑ El Regional, 13-10-1930, p. 2.